Berbetoros

O Pazo de Berbetoros, tamén coñecido como “Casa da Marquesa”, é un dos monumentos emblemáticos da Vila de Portomarín, trasladado parcialmente á súa situación actual tras o asolagamento do pobo de Portomarín en 1963 pola construcción do encoro de Belesar no río Miño.

Na actualidade ofrécese como hotel para o descanso de peregrinos e visitantes que queiran mergullarse na historia deste pobo declarado Conxunto Histórico Artístico no ano 1946, do que este pazo conserva a súa preciosa solaina.